martes, 15 de marzo de 2016

CALENDARIO SEMENTEIRA 2º QUINCENA DE MARZO

Xa tendes a vosa disposición o calendario de sementeira da 2ª quincena do mes de marzo cos mellores días para os distintos produtos de raíz (allos, cenoiras,remolachas, cebolas, etc.), flor (coliflor, brocoli, etc.), folla (cardo, apio, berro, espinacas, leitugas, etc.) ou froito (fabas, tomates, pepino, calabacín, etc.).





lunes, 14 de marzo de 2016

ACHÉGATE

Continuamos achegándonos os pobos do noso medio rural coa finalidade de establecer un primeiro contacto coa súa poboación en xeral, e coas persoas maiores en particular. Visitamos os pobos do Concello de Vilardevós: Soutochao, Arzádegos, Vilarello da Cota, Terroso, Veiga das Meás, Vilardecervos, Arzoá, Enxames, Berrande, Bemposta...

Queremos, a través do proxecto "Achégate" financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, chegar as persoas maiores que viven soas e ofrecerlles un servizo que lles preste a axuda que puntualmente necesiten para acudir o médico, tomar a medicación, realizar a compra, acompañamento, trámites, etc. 





viernes, 11 de marzo de 2016

TALLER DE MANUALIDADES

O mes de abril, o CDR Portas Abertas pretende por en marcha un taller de manualidades destinado a nenos e nenas de 4 a 12 anos en Verín.
A través deste taller preténdese fomentar a creatividade dos máis cativos, desenvolver habilidades manuais e psicomotoras e aprender a traballar con outros nenos e nenas.
Animádevos!

Os/as interesados/as poden acudir o noso centro de Verín, na rúa Mariano Carrero nº 10, ou ben chamar o teléfono 988989508.


TALLER DE PLANTAS MEDICINAIS

As plantas medicinais foron empregadas dende tempos remotos polos nosos antepasados para determinadas dolencias... A través deste taller, que se levará a cabo os sábados do mes de abril, pretendemos por en coñecemento da poboación este tipo de plantas para aprender a identificales e recoñecelas, a cultivalas, sobre os seus usos e precaucións e como preparalas.

Para máis información e inscricións, achégate as nosas instalación en Verín na rúa Mariano Carrero, 10 ou en Vilardevós no Centro de Interpretación do Contrabando, ou ben nos teléfonos 988989508 ou 988417232.
Esperámosvos! 

jueves, 10 de marzo de 2016

RECURSOS PARA O APOIO E ASESORAMENTO AO EMPREGO

O CDR Portas Abertas participou nas "Xornadas de Información Académica e Orientación para ao Emprego" organizadas polo I.E.S. García Barbón de Verín nas súas instalacións, xunto co Director do Servizo Galego de Colocación en Verín, a Orientadora laboral da Mancomunidade e a técnicas de Desenvolvemento Local do Concello de Verín.

A nosa participación consistiu na exposición dos proxectos que a entidade destina para mozos e mozas co fin de favorecer as súas competencias para o acceso ao emprego. Por unha banda, o proxecto Elixindo o meu futuro posto en marcha o pasado ano dentro do Programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado "Deseñando o teu futuro"e o que lle damos continuidade durante este ano cos obxectivos de facilitar o primeiro contacto coa realidade laboral de mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, favorecer a adquisición e coñecementos e habilidades propias para o desenvolvemento persoal e formativo e contribuir a decisión da súa traxectoria formativo profesional. Por outra banda, o proxecto Orientación prelaboral para a mocidade, destinado a mozos  e mozas entre 16 e 25 anos coa finalidade de dotalos, mediante a orientación ocupacional, de competencias para insertarse no ámbito laboral e noutras esferas da súa vida.





martes, 8 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Dende o CDR Portas Abertas abogamos pola igualdade de xénero para contribuir a unha sociedade sen exclusión nin desigualdades, na que existan uns mesmos dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.


miércoles, 2 de marzo de 2016

CALENDARIO SEMENTEIRA MES DE MARZO

Comezou marzo e, con el, comeza a tempada de más traballo na horta. Deixámosvos o calendario das sementeiras para estos primeiros 15 días de marzo. As hortalizas que van acompañadas por unha (s) son as que debemos sementar en semilleiro ou protexidas e as que levan unha (t) xa as podemos sementar no lugar onde queremos que crezan e produzan.
Boa sementeira!