jueves, 28 de julio de 2016

PROXECTOS DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS 2016





A Deputación de Ourense concedeu o CDR Portas Abertas a subvención para proxectos de prestacións de Servizos Sociais para o ano 2016 nas súas liñas:
A) Proxectos para actiidades de emerxencia social para "Impulsando a integración" a través do cal damos cobertura ás necesidades básicas das persoas en situación ou risco de exclusión social, ofrecemos talleres sobre habilidades persoais, sociais e laborais e pomos a disposición destas persoas hortas sociais.
B) Proxectos ou actuación sociodemográficas na provincia de Ourense para "Conciliando espazos" que ofrece a nenos e nenas actividades socioeducativas durante o verán en periodo extraescolar.



sábado, 23 de julio de 2016

X CIRCUITO GALICIA CENTRAL DE XADREZ




O vindeiro sábado 30 de xullo terá lugar o X Circuito Galicia Central de Xadrez que organizaremos no claustro do CPR La Merced de Verín situado na praza da Merced.

O sistema de xogo é Suizo a 6 rondas de 15´a través do programa informático swiss-manager. O director do torneo é Oscar Martínez e o árbitro principal Salvador Crespo.

O horario será o seguinte:
16:30h- Acreditación de xogadores/as.
17:00h- 1ª ronda
17:35h- 2ª ronda
18:10h- 3ª ronda
18:40h- Descanso
19:15h- 4ª ronda
19:50h- 5ª ronda
20:25h- 6ª ronda
21:15h- Entrega de medadllas do torneo

As inscricións serán ata o día 29 de xullo e realizaranse a través de escueladeajedrezlalin@gmail.com ou no teléfono 988989508.

O torneo é patrocinado por Pontiñas CCO Gadis, colaboran o Grupo Geriatros e o Concello de Verín, organizando a Escola de Xadrez Lalín e Xadrez Verín e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.



lunes, 11 de julio de 2016

ELABORACIÓN BÁSICA DE PANADERÍA E BOLERÍA




Aquí tedes os productos que están a elaborar os alumnos e alumnas do curso "Elaboración básica de panadería e bolería".
Que bos/as panadeiros/as!

Esta a actuación formativa pretende que as persoas en situación ou risco de exclusión social melloren as súas competencias laborais para favoreer así a súa incoporación ó mercado de traballo; está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9. "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación", cunha taxa de cofinaciamento do 80%.


jueves, 7 de julio de 2016

ENCRUCIJADA RURAL

Podedes consultar o número 8 da revista Encrucijada Rural editada por COCEDER nela aparece unha reportaxe sobre os 25 anos de traballo dos Centros de Desenvolvemento Rural polos pobos e as súas xentes.
Aparecen fotos das nosas xentes e actuacións levadas acabo o longo destes 25 anos.

ENCRUCIJADA RURAL

martes, 5 de julio de 2016

CURSO "ELABORACIÓN BÁSICA DE PANADERÍA E BOLERÍA"

O pasado luns, 4 de xullo deu comezo co curso de "Elaboración básica de panadería e bolería".

Esta a actuación formativa pretende que as persoas en situación ou risco de exclusión social melloren as súas competencias laborais para favoreer así a súa incoporación ó mercado de traballo; está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9. "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación", cunha taxa de cofinaciamento do 80%.


viernes, 13 de mayo de 2016

Bases do Programa de Conciliación

Bases Programa de Conciliación entre a Vida Laboral e a Vida Familiar


Outro ano máis o CDR Portas Abertas leva a cabo o “Programa de Conciliación entre a vida laboral e familiar” co obxectivo de facilitar a compatibilidade laboral e familiar nos meses estivais.

O “Programa Conciliación” dará comezo o 1 de xullo de 2016 e rematará o 31 de agosto do 2016 en horario de 10:00h a 13:00h. Poderán acudir ó servizo os cativos e cativas en idades comprendidas entre os 4 e 12 anos a excepción de nenos e nenas de 3 anos que o seu irmán ou irmá acuda ó programa.

A entidade reservase o dereito de gardar un número determinado de prazas a nenos e nenas con necesidades manifestas (valorado por Servizos Sociais, Atención Temperá).

Condicións de matriculación:

Consultar no centro da entidade: C/Mariano Carrero, 10, Verín. Teléfono 988989508.


Requisitos de acceso:
Debido á gran afluencia de peticións este ano o equipo técnico decidiu solicitar uns requisitos de acceso ó “Programa de Conciliación”, os cales móstranse a continuación:


Traballo do pai/nai/titor ou titora*:

- Todos os membros da unidade familiar traballan: 1 punto.

- Traballa un membro da unidade familiar: 0,5 puntos.

- Non traballa ningún dos membros da unidade familiar: 0 puntos.

Nenos e nenas que o ano pasado acudiran ó “Programa de Conciliación”
- Participaron o ano pasado: 1 punto.

- Non participaron o ano pasado: 0 puntos.


Nenos e nenas que acudan actividades durante o ano
- Participan nunha actividade: 0,5 puntos.

- Participan en dúas ou máis actividades: 2 puntos.

- Non participan en ningunha actividade: 0 puntos.

Pais ou nais implicados e implicadas na asociación

- Pais ou nais voluntarios/as: 1 punto
*No caso de atoparse traballando deberán axuntar na solicitude de preinscrición a cabeceira da última nómina.

En caso de empate en puntos resolverase a través da renda e daráselle prioridade a renda con menores ingresos.

Datas de presentación de solicitudes e documentación:


Do 23/05/16 o 27/05/16
Preinscricións e documentación necesaria
01/06/16
Listado provisional de admitidos
Do 02/06/16 o 06/06/2016
Presentación da renda en caso de empate en puntos
07/06/16
Listado de definitivo de admitidos/as
Do 07/06/16 o 17/06/2016
Matrícula

lunes, 9 de mayo de 2016

DESCUBRINDO O TEU TALENTO

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas pon en marcha por iniciativa dun grupo de mozas o proxeto Expresámonos coa finalidade de aunar a creatividade e talento da mocidade coa súa participación na comunidade.
Entre as actividades que impulsamos atópase "Descubrindo o teu talento" que consiste na "pintada" de murais nas paredes do Estadio José Arjiz para o que contamos coa colaboración do Concello de Verín. 
Para participar hai que entregar un bosquexo do debuxo ou frase coa temática do mundo do deporte e en particular do deporte do fúlbol e ou valores positivos que o deporte debe transmitir. A data límite para a recollida dos bosquexos será o 27 de xuño de 2016. Destes bosquexos seleccionaranse os que mellor representen a temática con maior expresión artística conforme a criterios de creatividade, orixinalidade e calidade, que posteriormente serán realizados polos/as seus creadores/as nos muros do estadio.
Se tes entre 12 e 35 anos... Anímate a participar!