viernes, 13 de mayo de 2016

Bases do Programa de Conciliación

Bases Programa de Conciliación entre a Vida Laboral e a Vida Familiar


Outro ano máis o CDR Portas Abertas leva a cabo o “Programa de Conciliación entre a vida laboral e familiar” co obxectivo de facilitar a compatibilidade laboral e familiar nos meses estivais.

O “Programa Conciliación” dará comezo o 1 de xullo de 2016 e rematará o 31 de agosto do 2016 en horario de 10:00h a 13:00h. Poderán acudir ó servizo os cativos e cativas en idades comprendidas entre os 4 e 12 anos a excepción de nenos e nenas de 3 anos que o seu irmán ou irmá acuda ó programa.

A entidade reservase o dereito de gardar un número determinado de prazas a nenos e nenas con necesidades manifestas (valorado por Servizos Sociais, Atención Temperá).

Condicións de matriculación:

Consultar no centro da entidade: C/Mariano Carrero, 10, Verín. Teléfono 988989508.


Requisitos de acceso:
Debido á gran afluencia de peticións este ano o equipo técnico decidiu solicitar uns requisitos de acceso ó “Programa de Conciliación”, os cales móstranse a continuación:


Traballo do pai/nai/titor ou titora*:

- Todos os membros da unidade familiar traballan: 1 punto.

- Traballa un membro da unidade familiar: 0,5 puntos.

- Non traballa ningún dos membros da unidade familiar: 0 puntos.

Nenos e nenas que o ano pasado acudiran ó “Programa de Conciliación”
- Participaron o ano pasado: 1 punto.

- Non participaron o ano pasado: 0 puntos.


Nenos e nenas que acudan actividades durante o ano
- Participan nunha actividade: 0,5 puntos.

- Participan en dúas ou máis actividades: 2 puntos.

- Non participan en ningunha actividade: 0 puntos.

Pais ou nais implicados e implicadas na asociación

- Pais ou nais voluntarios/as: 1 punto
*No caso de atoparse traballando deberán axuntar na solicitude de preinscrición a cabeceira da última nómina.

En caso de empate en puntos resolverase a través da renda e daráselle prioridade a renda con menores ingresos.

Datas de presentación de solicitudes e documentación:


Do 23/05/16 o 27/05/16
Preinscricións e documentación necesaria
01/06/16
Listado provisional de admitidos
Do 02/06/16 o 06/06/2016
Presentación da renda en caso de empate en puntos
07/06/16
Listado de definitivo de admitidos/as
Do 07/06/16 o 17/06/2016
Matrícula

lunes, 9 de mayo de 2016

DESCUBRINDO O TEU TALENTO

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas pon en marcha por iniciativa dun grupo de mozas o proxeto Expresámonos coa finalidade de aunar a creatividade e talento da mocidade coa súa participación na comunidade.
Entre as actividades que impulsamos atópase "Descubrindo o teu talento" que consiste na "pintada" de murais nas paredes do Estadio José Arjiz para o que contamos coa colaboración do Concello de Verín. 
Para participar hai que entregar un bosquexo do debuxo ou frase coa temática do mundo do deporte e en particular do deporte do fúlbol e ou valores positivos que o deporte debe transmitir. A data límite para a recollida dos bosquexos será o 27 de xuño de 2016. Destes bosquexos seleccionaranse os que mellor representen a temática con maior expresión artística conforme a criterios de creatividade, orixinalidade e calidade, que posteriormente serán realizados polos/as seus creadores/as nos muros do estadio.
Se tes entre 12 e 35 anos... Anímate a participar!






miércoles, 4 de mayo de 2016

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza unha camiñata polo Concello de Vilardevós.
A saída está programa para as 8:45h dende o Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós e o percorrido será: Vilardevós-Pista de Pitos-Rexosende-Salto do Cabalo-Vilardevós. Polo camiño terendes avituallamento e o rematar xuntarémonos para comer.

Dende a entidad animámosvos a participar deste día.

Para máis información e inscricións:
Teléfono: 988417232
Correo electrónico: rural@cdrportasabertas.org
Nas nosas entidades en Verín ou Vilardevós.
Multisport Verín


martes, 3 de mayo de 2016

I FEIRA SOLIDARIA

Dar as grazas o Concello de Verín por esta iniciativa, a I Feira Solidaria, que terá lugar o día 15 de maio a partir das 10:00h na praza da Merced, a través da cal dar visibilidade e por en valor a labor das entidades sen ánimo de lucro da Comarca.

É para nos un pracer estar ese día e compartir con vos o noso traballo!