martes, 11 de abril de 2017

O SABER DAS LEMBRANZAS

Durante centos de anos as persoas adquiriron e transmitiron coñecementos prácticos que deron moita importancia á vida e o coidado do entorno, pero parece que estes saberes foron perdendo importancia na nosa sociedade nos últimos anos. Coñecementos e saberes dos nosos maiores sobre a vida tradicional que fan que os posbos conten cun patrimonio intanxible moi potente que corre o perigo de desaparecer a causa do modo de actuar actual.
Dende o CDR Portas Abertas somos conscientes da perda desta memoria cultural da nosa comarca, considerando indespensable a recuperación dos saberes locais ou coñecementos tradicionais porque estes son o piar fundamental da nosa cultura e é necesario mantelos, conservalos e compartilos. Acceder a estes saberes permitiranos coñecer a comunidad na que vivimos a vez que aprender a maneira de reproducir estes saberes para facer da nosa contorna un lugar máis sustentable.