miércoles, 31 de agosto de 2016

DESEÑANDO O TEU FUTURO

O longo de dez días mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos realizaron visitas-estadías en diversas empresas e entidades de Verín grazas ó Programa Deseñando o teu futuro da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que ten como finalidade facilitar o primeiro contacto coa realidade laboral a ez que contribuír a decisión sobre a traxectoria formativo e profesional da mocidade.

Ademais estas visitas complentáronse con diversas actividades: 
-"Somos habilidosos" charla informativo formativo inicial a través da cal mostrose os mozos e mozas a importancia de certas habilidades no mundo laboral: iniciativa, responsabilidade, traballo en equipo, etc.
-"Toda unha experiencia", actividade na que valoraron a experiencia vivida e coñeceron o xeito de solicitar un certificado a esta experiencia de Educación non formal a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- "Emprendemos?" A Fundación Ronsel achegouse ata as nosas instalación para impartir formación sobre emprendemento e autoemprego. 

Só, nos queda dar as grazas a todas as empresas e a cooporación local por colaborar co Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas neste programa: Concello de Verín, Gardería O Castro, Escola Infantil Pinocho, Agrícola Maraner, Martínez Multimarca, Bicicletas Matías, O&M Xestión, Farmacia Santamarina, Veterinaria San Roque, Ordenadores Verín, Eurotenda, Bar Oasis, Vipeca Obras e Servizos S.L., Nutricionista Amalia Carrera Diéguez a través de Asubío Tenda e a Nutricionista María Garriga de Sbye en Farmarosa.





















viernes, 26 de agosto de 2016

CELEBRANDO O 25 ANIVERSARIO DE COCEDER

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural estamos a celebra, ó longo do verán, os 25 anos de COCEDER (Confederación de Centros de Desarrollo Rural) a través de diversas actividades cos máis cativos para que coñezan que é e cal e a súa labor, así como a da nosa entidade como centro integrado na Confederación.

Pecharemos esta celebración asistinto a un acto que terá lugar o 23 de setembro en Valladolid, sede de COCEDER, celebrando este aniversario durante todo o día.








viernes, 12 de agosto de 2016

DESEÑANDO O TEU FUTURO

Xa levamos unha semana de visitas-estadías en empresas!

Dezaoito mozos e mozas da Comarca de Verín participan no Programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Deseñando o teu futuro a través do proxecto que realiza o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, "Elixindo o meu futuro", o cal pretende facilitarlles o seu primeiro contacto coa realidade laboral a vez que contribuír a decisión sobre a súa traxectoria formativo e profesional. Por elo, o longo de dez días están en empresas e/ou entidades públicas e privadas da súa interese observando, aprendendo, realizando... as cales lles agradecemos a súa colaboración:
Concello de Verín
Gardería O Castro
Gardería Pinocho
Taller mecánico Maraner
Taller Martínez Multimarca
Bicicletas Matías
O&M Xestión
Farmacia Santamarina
Centro Veterinario Albeitar
Centro Veterinario San Roque
Ordenadores Verín
Eurotenda
Bar Oasis
Vipeca Obras e Servizos
Nutricionista María Garriga de Sbye en Farmarosa
Nutricionista Amalia Carreta en Asubío.