jueves, 29 de septiembre de 2016

CURSO TAPIZADO DE MOBILIARIO

O vindeiro día 3 de outubro dará comezo o curso "Tapizado de mobiliario" en Vilardevós, cun horario de 8:30h á 14:30h.
Esta a actuación formativa pretende que as persoas en situación ou risco de exclusión social melloren as súas competencias laborais para favoreer así a súa incoporación ó mercado de traballo; está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9. "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación", cunha taxa de cofinaciamento do 80%.


miércoles, 28 de septiembre de 2016

IX LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS EN GALICIA

O vindeiro 2 de outubro, participamos por carto ano consecutivo na IX Limpeza simultánea de Ríos en Galicia, "Móllate polos ríos" coa finalidade de concienciar á poboación da importacia dos nosos ecosistemas fluviais.
Buscamos implicación das persoas para participar desta xornada na que eliminaremos o lixo presente nun dos ríos da nosa Comarca, o río Fornos ou como o coñecen no pobo, o río Pequeno en Feces de Abaixo. Para este día poremos a disposición do voluntariado, guantes e botas, bolsas de lixo e unha camiseta do proxecto.

ANÍMATE A PARTICIPAR:
O domingo día 2 de outubro
Ás 10:45 na praza do concello para desprazarnos ata o río en coche. 
Apúntante nos teléfenos 988417232 ou 988989508 ou ben rural@cdrportasabertas.org





jueves, 1 de septiembre de 2016

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XUVENIL

Dende o mes de maio vimos desenvolvemento o proxecto "Colaboramos coa Integración" destinado a participación de mozos e mozas de enre 16 a 30 anos como voluntarios no Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas grazas a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

As actividades que levan a cabo teñen por finalidade posibilitar os procesos de integración social e laboral de persoas e colectivos en situación ou risco de exclusion social:
-Emerxencia social, fundamentalmente a través do seu apoio nas becas comedor que ofrecen unha comida completa o día a nenos e nenas con maiores dificultades, complementandose con actividades socioeducativas.
-Agricultura de autoconsumo: o apoio do voluntariado nas horas socias das que dispón a entidade para o uso de persoas con poucos recursos.
-Espazos de conciliación para os menores: en que nenos e nenas en situación de risco e exclusión, con maiores dificultades ou con necesidades específicas comparten experiencia con outros nencos e nenas facilitando este xeito as súa integración.

Dende aquí dar as grazas por a labor voluntaria dos seis moz@s que están a participar deste proxecto!