jueves, 20 de febrero de 2020

RECUPERACIÓN DE SABERES

🌻RECUPERACIÓN DE SABERES🌻
Imos levar a cabo en pueblos do Concello de Laza, entre o 2 de marzo e o 16 de abril, unha actividade na que aldeas que se atopan en risco de exclusión territorial poidan participar en unha actividade na que se promoverán os encontros interxeracionais, os coñecementos sobre os cultivos, sobre as variedades vexetais...
Operación financiada pola unión europea. Extratexia de inclusión social de galicia (2014-2020)
Programa operativo FSE galicia 2014-2020
O seu fin é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

FORMACIÓN NO IDIOMA DE ACOLLIDA

🖇🖇FORMACIÓN NO IDIOMA DE ACOLLIDA🖇🖇
Esta formación vai dirixida aquelas persoas que nos sexan derivadas dende o equipo de Inclusión Sociolaboral e dos Servizos Sociais da Comarca de Verín. Con ela espérase favorecer a formación teórico-práctica do galego e o español.
Esta actividade está financiada pola unión europea de inclusión social de galicia (2014-2020)
Programa operativo FSE galicia 2014-2020
Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social
O FSE invirte no teu futuro.

ALFABETIZACIÓN DIXITAL I :)

💻💻Alfabetización Dixital I💻💻
Dende o 2 de marzo ata o 30 de marzo ofrecemos esta formación na Casa da Xuventude.
Vai dirixido aquelas personas en risco de exclusión social que queiran mellorar as súas capacidades en materia dixital.
Financiada pola Unión Europea, Estratexia de inclusión social de galicia (2014-2020).
Programa operativo FSE galicia 2014-2020
Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social
O FSE invirte no teu futuro.

jueves, 26 de septiembre de 2019

Nova actividade formativa para persoas en situación ou risco de exclusión social!

viernes, 20 de septiembre de 2019

viernes, 2 de febrero de 2018

Actividades formativas

Curso "Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais" en Vilardevós


lunes, 15 de mayo de 2017

CURSO DE APICULTURA

Curso de 24 horas para persoas en activo, A APICULTURA COMO SECTOR DE EMPRENDEMENTO E MEDIDA DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE COA RECONVERSIÓN DAS EXPLOTACIÓNS Á APICULTURA ECOLÓXICA.
Abordaránse os seguintes módulos:
Módulo I. Introdución. Produción agraria ecolóxica. A apicultura ecolóxica en Galicia. Razóns polas que pasarse á produción ecolóxica. Principios xerais da apicultura ecolóxica e biodinámica.
Módulo II. Manexo das abellas e a súa alimentación. Métodos de xestión zootécnica.
Módulo III. Manexo das colmeas, ubicación e identificación dos colm
enares. Características das colmenas e dos materiais empregados na apicultura.
Módulo IV. Actualidade sanitaria e normativa. Profilaxis e tratamentos veterinarios na apicultura ecolóxica.
Módulo V. Conversión á produción ecolóxica. Regulación da produción agraria ecolóxica. Tramitacións.
Módulo VI. Produtos da colmena, mercado e comercialización. Innovación e emprendemento no sector apícola.

O venres 30 de xuño e 7 de xullo de 17:30h a 21:30h e os sábados 1 e 8 de xullo de 9:30h a 14:00h e de 15:30h a 19:00h no centro do CDR Portas Abertas en Verín.

Para máis información e inscricións nos Centros do CDR Portas Abertas en Vilardevós no Centro de Interpretación do Contrabando e en Verín na Rúa Mariano Carrero, 10. Teléfonos 988417232 ou 988989508, rural@cdrportasabertas.org



jueves, 11 de mayo de 2017

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NO VERÁN

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas pon en marcha as inscricións para o Programa de Conciliación durante o verán destinado familias con dificultades para conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral durante o periodo estival de vacacións dos máis cativos.
As inscricións abriránse o vindeiro luns 15 de maio ata o 31 de maio. Debido a alta demanda de prazas, a entidade elaborou unhas bases para a correcta asignación da mesmas. Deste xeito valorarase que os nenos e nenas participaran xa en anos anteriores no programa, que participen noutras actividades da entidade, que tanto a nai como o pai traballen... 

Este programa destínase a nenos e nenas de 4 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá. Como novidade este ano, este horario será flexible en función do horario laborais dos pais e nais. 



martes, 11 de abril de 2017

O SABER DAS LEMBRANZAS

Durante centos de anos as persoas adquiriron e transmitiron coñecementos prácticos que deron moita importancia á vida e o coidado do entorno, pero parece que estes saberes foron perdendo importancia na nosa sociedade nos últimos anos. Coñecementos e saberes dos nosos maiores sobre a vida tradicional que fan que os posbos conten cun patrimonio intanxible moi potente que corre o perigo de desaparecer a causa do modo de actuar actual.
Dende o CDR Portas Abertas somos conscientes da perda desta memoria cultural da nosa comarca, considerando indespensable a recuperación dos saberes locais ou coñecementos tradicionais porque estes son o piar fundamental da nosa cultura e é necesario mantelos, conservalos e compartilos. Acceder a estes saberes permitiranos coñecer a comunidad na que vivimos a vez que aprender a maneira de reproducir estes saberes para facer da nosa contorna un lugar máis sustentable.