O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas é unha entidade social sen ánimo de lucro que traballa polo medio rural e a súa poboación.
lunes, 10 de abril de 2017
viernes, 17 de marzo de 2017
XESTIÓN DE RECURSOS MICOLÓXICOS EN MONTES ARBOLADOS
O vindeiro mércores 22 de marzo ás 20:00h no salón de actos da Casa de Cultura de Verín terá lugar a charla "Xestión de recursos micolóxicas en montes arbolados" destinada á comunidade de montes e a calqueira persoa interesada na temática ata completar aforo.
Abordará temas como:
-Introdución á bioloxía dos fungos: os cogomelos.
-Bioloxía dos fungos micorrícicos.
-Micorrización de árbores adultas. Diferenzas coa produción de saprófitas.
-Mico-silvicultura e valoralización dos fungos silvestres.
-Plans de ordenación dos recursos micolóxicos.
-Sistemas de aproveitamento. Exemplos con éxito.
-Xestión de coutos micolóxicos.
-Normas e sistemas de recolleita.
-Normativa e lexislación vixente.
viernes, 27 de enero de 2017
MEMORIA 2016
No seguinte enlace podedes ver a memoria dos programas e actuaciónS que levou a cabo o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas ó longo do ano 2016.
jueves, 26 de enero de 2017
CAMPAÑA CALCETÍN SOLIDARIO
Dende o Centro de Desenvolvemento Rural Porta Abertas queremos agradecer a clínica Dentalnova o seu apoio coa entrega dun cheque de 318€ dentro da Campaña Calcetín Solidario a través da cal recolleron un total de 318 calcetíns.
Agradecer tamén a todos e todas os/as que despositaron o seu calcetín facendo que esta campaña fora posible. Esta axuda será destinada ó Programa de Atención Urxente a persoas en situación ou risco de exclusión social da Comarca de Verín.
De novo, moitas grazas!
viernes, 23 de diciembre de 2016
RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Outro ano máis a agrupación de música tradicional Candaria colabora con nos coa recollida de alimentos para o noso Programa de Atención Urxente a persoas con especial necesidade do medio rural na súa VI Gala Aniversario que terá lugar no auditorio municipal de Verín o vindeiro venres 30 de decembro ás 20:30.
domingo, 20 de noviembre de 2016
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Durante todo o ano o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas conmemora o 20 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS, promovendo o seu benestar a través de distintas actividades...
Este día queremos que sirva para recordar que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o colectivo que máis sufre as crises e os problemas do mundo.
No ano 1959 aprobouse na Asemblea Xeral da ONU a Declaración dos Dereitos do Nen@. Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións cos gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Nen@, o 20 de novembro de 1989, cuio cumprimento é obligatorio para todos os países que o firmaron.
lunes, 31 de octubre de 2016
O IDIOMA, VEHÍCULO DE INTEGRACIÓN
Dende o pasado 15 de setembro e ata o 24 de novembro, con 40 horas de duración, o CDR Portas Abertas leva a cabo a actuación formativa "O idioma, vehículo de integración" enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9. "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación" subvencionada pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.
O obxectivo fundamental de esta actuación é o de promover o aprendizaxe da lingua española entre a poboación inmigrante como vehículo indispensable para a integración e participacion na vida social e laboral.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











