jueves, 17 de marzo de 2016

ASEMBLEA INFANTIL

Realizamos unha asemblea cos nenos e nenas das actividades levadas a cabo en Vilardevós co fin de conversar acerca da excursión que realizaremos a final de curso. 
O obxectivo foi facer participes a todos e a todas na decisión do destino da mesma... Saberédelo cando colguemos as fotos de grupo dese día!

Continuaremos implicando os nenos e nenas na toma de decisións, na expresión aberta de temas do seu interese, na resolución de conflictos... estarémolos axudando a desenvolver competencias comunicativas: expresión oral, escoita activa, debate, negociación e consenso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario