miércoles, 31 de agosto de 2016

DESEÑANDO O TEU FUTURO

O longo de dez días mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos realizaron visitas-estadías en diversas empresas e entidades de Verín grazas ó Programa Deseñando o teu futuro da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que ten como finalidade facilitar o primeiro contacto coa realidade laboral a ez que contribuír a decisión sobre a traxectoria formativo e profesional da mocidade.

Ademais estas visitas complentáronse con diversas actividades: 
-"Somos habilidosos" charla informativo formativo inicial a través da cal mostrose os mozos e mozas a importancia de certas habilidades no mundo laboral: iniciativa, responsabilidade, traballo en equipo, etc.
-"Toda unha experiencia", actividade na que valoraron a experiencia vivida e coñeceron o xeito de solicitar un certificado a esta experiencia de Educación non formal a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
- "Emprendemos?" A Fundación Ronsel achegouse ata as nosas instalación para impartir formación sobre emprendemento e autoemprego. 

Só, nos queda dar as grazas a todas as empresas e a cooporación local por colaborar co Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas neste programa: Concello de Verín, Gardería O Castro, Escola Infantil Pinocho, Agrícola Maraner, Martínez Multimarca, Bicicletas Matías, O&M Xestión, Farmacia Santamarina, Veterinaria San Roque, Ordenadores Verín, Eurotenda, Bar Oasis, Vipeca Obras e Servizos S.L., Nutricionista Amalia Carrera Diéguez a través de Asubío Tenda e a Nutricionista María Garriga de Sbye en Farmarosa.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario